lunes, 11 de junio de 2018

Cronica

Seguindo co X aniversario de Paso Miúdo e coa repetición das rutas mais fermosas desta vez fixémola ruta PR-G 159 Quinta e Dosal.

Con case media hora de retraso (por motivos técnicos) recolléronos no noso punto acordado e logo de coller a Alicia e a Marisa puxemos rumbo ao inicio da ruta, non sen antes parar a tomar café en O Cadavo.

Eu esta ruta da primeira vez non a fixera polo que para min era anovada. Comezámola ruta en Couso ao pe dunhas casas, pero logo de recorrer uns metros xa se pode ver a maxestade da fraga con todo ese verde ( aínda que en exceso pois a Herba chegábanos a rodilla)castaños, carballos acivros … etc.

Seguimos a ruta por sendeiros ao lado de ríos e regatos sen deixar nunca a espesura da fraga (e da herba)pasamos polo lado de Oriceiras que antigamente se usaban para coma ben o seu nome dí eran para meter nelas os orizos das castañas protexéndoas así de os Osos.

Pasmos pola Fonte dos Corzos, O Souta da Valiña, Seivane , a Minicentral e chegamos a Buisan. Que foi o lugar onde tiñamos o autobús para levarnos ata Navia de Suarna onde nos esperaban para comer o resto das chicas que non fixeron a ruta por estar de baixa unhas e outra por “un pinzamiento”(ela xa sabe a quen me refiro…jajaja).

A comida nun principio ia a ser de churrasco pero ante as advertencias climatolóxicas decidiuse a última hora de abortar o plan e pasasr o plan B, comemos no Restaurante Hostal A Escola, a verdade a comida ben e moi abndante (aínda que o Pulpo do principio estaba un pouco duro … o que veu de segundo xa estaba mellor).

A volta polo camiño comezou a chover bastante e despois de deixar a Marisa e mais a Alicia como aínda seguía a chover o chofer do autobús decidiu deixarme diante da porta da casa( deben ser privilexios que aínda me quedan de ex-presidente…jajajaj).

E ata aquí chegou a ruta deste mes, despois da parada estival vémonos en setembro (espero que xa lle teña pasado “O pinzamiento” a persoa que me refería antes e poda vir andar ..jajaja)

Angel Rivas



Powered by Wikiloc

No hay comentarios:

Publicar un comentario